A peza audiovisual, do tema 'Buratos', está dirixida por Jairo Iglesias e conta coa colaboración de Marquinhos Drinkin.
Fotograma do vídeo
A banda de Aríns (Compostela) Ruxe-Ruxe prepara un novo disco, o sétimo: Na fura de diante. Presentarase oficialmente o 6 de marzo na Sala Capitol, o mesmo día que sairá á venda. Mais, como adianto, xa nos ofrecen tres dos seus temas, de balde, na súa web, e mais un vídeo clip.
O traballo audiovisual, Buratos, está dirixido por Jairo Iglesias e protagonizado por Marquinhos Drinkin, dos Medomedá, e polos propios Ruxes. Por outra banda, Na fura de diante exponse como "15 latexos dun corazón vello e consumido" e "un arrebato de creatividade" que conta cun novo estilo grazas á produción de Javier Abreu.