Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Para cumprir a Lei de Memoria Histórica

O Concello de Ferrol tapará a estatua de Franco cun pano

A polémica escultura do ditador moverase a un almacén militar. Esquerda Unida considera a decisión "hipócrita".

Redacción - 18:31 14/01/2010

O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, anuncioulles aos voceiros dos grupos municipais que a estatua ecuestre do ditador Francisco Franco se trasladará a un almacén militar, onde se cubrirá cun pano. A decisión tomouse grazas a un acordo co Ministerio de Defensa e en cumprimento da Lei de Memoria Histórica.

A estatua atópase no Patio de Poñente de Ferrarías do Arsenal militar dende o 4 de xullo de 2002, cando o goberno local a retirou da praza de España, onde se construír un aparcadoiro soterrado. A Xunta de Portavoces de Ferrol resolveu en 10 minutos a polémica que se xerou coa orde de Defensa para que retirase a estatua do interior do Arsenal.

Para Irisarri, a decisión é "natural" e cumpre a petición do pleno da cidade aprobada en setembro que solicitaba o cumprimento da lei nos recintos militares. Tanto o PPdeG, como Independentes por Ferrol e o BNG amosáronse conformes coa decisión. Non fixo o mesmo EU. A súa voceira, Iolanda Díaz, considerou que a decisión é unha "falta de respecto e absoluta hipocrisía" cara á Lei de Memoria Histórica, e que é como "meter o po debaixo da alfombra".

Fundición
Nós-UP de Ferrol propuxo que se fundise a estatua de Franco e se abrise un concurso público para esculpir un monumento á memoria histórica a través da representación da figura de Amada García.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: