Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XI ASEMBLEA NACIONAL

Noa Presas e Ínhigo Ansotegi encabezarán as dúas listas alternativas á Dirección Nacional de Galiza Nova

Só falta por se desvelar quen encabezará a lista da Alternativa pola Unidade. Porén, todo apunta a que será actual secretaria xeral, Iria Aboi.

Redacción - 19:00 20/10/2009
Ínhigo Ansoategui, encabeza a lista dos mozos próximos a 'Máis BNG'

Ínhigo Ansoategui, encabeza a lista dos mozos próximos a 'Máis BNG'

Tal e como adiantara este diario hai un mes, Galiza Nova celebrará esta fin de semana a súa XI Asemblea Nacional con tres listas: a Alternativa pola Unidade-Mocidade (apoiada pola UMG); a de 'Proposta Militante' (nucleada arredor de Isca); e a de Entre tod@s Galiza Nova (impulsada por 'Máis BNG'). As dúas últimas plataformas desvelaron aos seus cabezas de cartel: Noa Presas ('Proposta Militante') e Ínhigo Ansotegi ('Entre tod@s, Galiza Nova). Falta por anunciar publicamente quen liderará a candidatura da Alternativa pola Unidade, aínda que se dá por feito que a actual secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, vai ser a elixida.

Porén, até o momento só 'Proposta Militante' deu a coñecer a lista completa á Dirección Nacional. Ademais de Noa Presas, figuran nos primeiros postos: Laura Arjonilla, Breixo Lousada, Francisco Cortez-Lobão, Antía Fernández, Laura Rodríguez, Tirso Fernández e Macías López.

Poden ver aquí a candidatura completa e o programa que presentou este martes 'Proposta Militante'.


4,43/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: