Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mundial de Suráfrica 2010

A cara escura dos grandes eventos deportivos internacionais

Milleiros de cidadáns están a ser expulsados das súas favelas en Durban por entorpecer a construción do novo estadio de fútbol.

Fernando Arrizado - 12:00 02/10/2009

Namentres que en Durban, terceira cidade máis grande de Suráfrica e porto principal do país, aquelan o novo estadio de fútbol para o Mundial de fútbol de 2010, as autoridades están a desaloxar pola forza as favelas que impiden a súa construción.

Xa son milleiros os desprazados e moitos outros os ameazados co desafiuzamento. A fin de semana pasada, un grupo armado dunhas 40 persoas atacou un destes asentamentos en Durban, onde habitan moitos dos cidadáns máis pobres da cidade, e destruíu 30 choupanas.


Neste senso, os xefes policiais do país desvelaron nos últimos días unha serie de medidas destinadas a reducir a taxa de crimes -parella, por outra banda, á da de diferenza entre ricos e pobres- de cara ao evento futbolístico que comeza en menos de nove meses. A consigna, desde as máis altas instancias, é "tolerancia cero".

Segundo as últimas cifras, o número de asasinatos diarios descendeu tres décimas, mais aínda se mantén arredor das 50 mortes violentas por xornada, o que fai que Suráfrica sega a ser un dos países máis violentos do mundo, mais tamén -cómpre insistir- onde a distancia entre os que máis e os que menos teñen é maior.


Ligazóns

4,43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: