A CNMV suspendeu a cotización de Zeltia antes da apertura do mercado. O valor das accións dispárase na súa volta a cotización.
"Pharma Mar foi informada pola Axencia Europea do Medicamento que o seu Comité Avaliador de Produtos Medicinais de Uso Humano emitiu por consenso unha opinión positiva recomendando a concesión da autorización de comercialización de Yondelis (trabectedina) administrado con Caelyx (doxorubicina liposomal pegilada) para o tratamento do cancro de ovario recorrente platino-sensíbel na UE".
"Yondelis será agora proposto para aprobación final pola Comisión Europea na indicación sinalada e a autorización de comercialización podería ser outorgada proximamente", explica a compañía nun comunicado remitido á Comisión do Mercado de Valores (CNMV).
O organismo supervisor suspendeu antes da apertura do mercado a cotización de Zeltia á espera da decisión da Axencia sobre o anticanceríxeno. As accións, que volven cotizar desde as 12.30 horas, disparáronse despois do pau recibido nos EUA polo Comité Asesor de Fármacos Oncolóxicos hai dous meses.