Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AGARDAN ACADAR BENEFICIOS EN 2009

O grupo Zeltia aumentou as súas ventas nun 23% no 2008

O principal crecemento foi debido ao medicamento Yondelis que foi usado para o tratamento do sarcoma en Xapón e algúns lugares da UE.

Redacción - 08:00 23/06/2009
José María Fernández Sousa-Faro, presidente do grupo Zeltia

José María Fernández Sousa-Faro, presidente do grupo Zeltia

O grupo Zeltia anunciou este luns as súas contas do ano 2008, nunha rolda de prensa ofrecida polo presidente do grupo, José María Fernández Sousa-Faro, despois da celebración da Xunta Xeral de Accionistas. Fernández Sousa-Faro falou dun aumento das vendas do 23% que se deben en grande medida á comercialización do fármaco Yondelis, que produciu 28 millóns do total de 105 que ingresou o grupo empresarial de capital galego en concepto de vendas.

Yondelis é un fármaco adicado ao tratamento do sarcoma que se vendeu principalmente en Xapón e algúns outros países da UE. Ademais, anunciaron que os primeiros estudos para a utilización deste medicamento no tratamento do cancro de ovario están sendo "moi positivos", polo que agardan a aprobación das axencias de medicamentos de EEUU e Europa para a súa comercialización con ese fin terapéutico. Segundo dixo Fernández Sousa-Faro que de conseguir esa autorización "a compañía será outra", podendo pasar a gañar só en Europa 300 millóns de euros.

Durante a rolda de prensa presentáronse os resultados económicos do grupo empresarial para o exercicio 2008, que se saldou cun resultado negativo de 40,6 millóns de euros de perdas. Aínda así, hai que ter en conta cando se analiza este resultado que os 57 millóns invertidos en I+D+i que están contemplados como gastos segundo as normas internacionais.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: