Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito en Oriente Próximo

Salomónica ONU

Considera que tanto o Exército de Israel como Hamás cometeron crimes de guerra e "pode que contra a Humanidade", durante o masacre en Gaza.

Redacción - 19:25 15/09/2009
O ataque durou 22 días

O ataque durou 22 días

Nacións Unidas atopou probas de que tanto Israel como Hamás cometeron crimes de guerra durante a operación que levou a cabo o Exército israelí na Faixa de Gaza nos meses de decembro e xaneiro pasado, provocando un masacre entre a poboación palestina.
"A misión concluíu que accións que equivalen a crimes de guerra, e posibelmente dalgún xeito a crimes contra a humanidade, foron cometidas polas Forzas de Defensa de Israel", dixo o investigador da ONU Richard Goldstone en rolda de prensa.

Segundo o resumo do seu informe de 600 páxinas, a mesma consideración ten o lanzamento de foguetes contra o territorio de Israel por parte dos milicianos palestinos cando non é contra obxectivos militares.

Israel xa mostrou as súas queixas. "O seu mandato (o de Goldstone) estaba claramente dun lado e ignorou os miles de ataques de mísiles de Hamás sobre os civís no sur de Israel que fixeron necesaria a operación en Gaza", sinalaron.

No informe, Goldstone recomenda ao Consello de Dereitos Humanos que lle pida a Israel que leve a cabo as súas propias investigacións sobre posíbeis crimes cometidos polas súas forzas e que estas sexan "independentes e en conformidade aos estándares internacionais", e que estabeleza un comité de expertos que supervise estes procedementos.

No caso de que non o faga, Goldstone, xuíz de orixe xudía de nacionalidade sudafricana, considera que o Consello de Dereitos Humanos debería remitir a información solicitada pola súa misión ao fiscal xefe do Tribunal Penal Internacional (TPI), na Haia.

Segundo o informe elaborado polo equipo de Goldstone, máis de 900 dos máis de 1.400 palestinos mortos no conflito da Franxa de Gaza eran civís. A versión de Israel é que faleceron menos de 300 civís. Porén, a organización de dereitos humanos israelí B'Tselem contabilizou 1.387 palestinos finados, 773 civís dos que 320 eran menores de 18 anos.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: