Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Informe

Máis da metade dos mortos no masacre de Gaza eran civís

A organización de dereitos humanos israelí B'Tselem contabilizou 1.387 palestinos finados, 773 destes civís dos que 320 eran menores de 18 anos.

Redacción - 19:15 09/09/2009
320 dos mortos eran menores de 18 anos

320 dos mortos eran menores de 18 anos

Un informe da organización de dereitos humanos B'Tselem constata que máis da metade dos mortos durante o masacre de 22 días levado a cabo polo Exército de Israel en Gaza eran civís.

As cifras achegadas coinciden coas publicadas por outros grupos como Amnistía Internacional e o Centro Palestino a prol dos Dereitos Humanos e difiren das que manexan os militares israelís, que aseguran que a maioría eran milicianos.

B'Tselem contabilizou 1.387 palestinos finados: 773 civís (320, menores de 18 anos), 330 combatentes, 248 policías e outras 36 persoas que a organización israelí non foi quen de determinar se eran policías, combatentes ou civís.

Acusacións do Exército israelí

Pola súa banda, o Exército de Israel defende que o número de palestinos mortos foi de 1.166: 709 combatentes, 295 civís e outras 162 persoas sen determinar.

Os militares argumentan que as cifras de B'Tselem se basean en blogs e outras fontes vinculadas a Hamas. Porén, segundo informou a organización nun comunicado, a investigación levouse a termo recompilando testemuñas dos superviventes e documentos das casas destruídas polas bombas.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: