Arrinca a oitava edición deste festival, que conta coas actuacións do clown arxentino Rolando Rondinellli, un dos mellores artistas da especialidade a nivel mundial.
Rolando Rondinelli, un artista nacido da fusión do teatro, do circo e da danza, será un dos protagonistas da oitava edición do Manicómicos, que este domingo arrinca na Coruña. Mais non será o único: até o vindeiro martes, a cidade herculina encherase de maxia, espectáculo e, sobre todo, circo, da man dos máis distinguidos clowns do panorama humorístico actual.
As gargalladas e os risos están garantidos dende este domingo, cando Rondinelli ofreza na Praza de María Pita o seu espectáculo Trotamundos, un achegamento á fantasía nun mundo no que pode ocorrer calquera cousa, en clave de humor e ao estilo do cinema mudo. Mais para aqueles que non poidan acudir o domingo, o artista arxentino ofrecerá unha nova sesión xa o luns no Obelisco. Nos seus números pódese apreciar, din os expertos, unha renovación total dos cánones do novo circo e a introdución de elementos como as acrobacias, o trapecio, o gag ou a improvisación.
Mais a programación non remata aquí: entre os demais artistas destacan nomes como AsSircopatas, Malabreikers, Beto e Tornillo, Sebastián Marcelo, Ganso$Cía, Manicómicos, Djammal, Almacabra, Fredi Circanelo, Pablo Trasno, Capuzzi e Nono.
DOMINGO 9 - Obelisco
19:00h - Rolando Rondinelli: "Trotamundos"
20:00h - AsSircopatas: "Montagem"
LUNS 10 - Praza de María Pita
19:00h - Rolando Rondinelli: "Trotamundos"
20:00h - Malabreikers: "Beto e Tornillo"
21:00h - Sebastián Marcelo: "Niño Costrini"
MARTES 11 - Praza de María Pita
19:00h - Ganso&Cía: "Renato"
20:00h - Gala do VIII Festival Manicómicos