A quinta edición do festival internacional de teatro trae á cidade seis grupos de Galiza, do resto do Estado e mesmo do Reino Unido e Canadá.
O V Festival Manicómicos dividirase en dúas fases: a primeira, na segunda semana de marzo, e unha segunda que terá lugar no mes de agosto, na que as actuacións e representacións tomarán as rúas e desenvolveranse nunha maior proporción ao aire libre, en espazos públicos da Coruña. En marzo, destaca en particular a presenza na cidade da británica Nola Rae e o seu espectáculo que mestura mimo, danza e humor. E tamén a dos canadianos Theatre Beyond Words, que pecharán o festival o 16 de marzo.
Programación do Festival
7 de marzo. 12.00
Escola de imaxe e Son
Almacabra: Poni
11 de marzo. 21.00
Fórum Metropolitano
Baldanza Corte: Illiria
12 de marzo. 21.00
Teatro Rosalía
Yllana: 666
13 de marzo. 21.00
Teatro Rosalía
Pista Catro: Kamikaze
14 de marzo. 21.00
Teatro Rosalía
Nola Rae: Uppercuts
15 de marzo. 21.00
Fórum Metropolitano
Gran Gala do Festival: Manicómicos + Festa
16 de marzo. 21.00
Fórum Metropolitano
Theatre Beyond Words: Imaginarius