Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
VII FESTIVAL MANICÓMICOS

Un mes de pallasadas na Coruña

O 14 de marzo inaugúrase o encontro de clown e teatro humorístico, con artistas e compañías de todo o Estado.

Redacción - 18:00 09/03/2009

O festival contará coa participación estelar de Yllana, coa súa nova obra Brokers e o televisivo Pepe Viyuela con Encerrona. O teatro galego terá un espazo destacado coa estrena de O forno de Elefante Elegante, os consagrados San&saN coas vellas do Luar, e as súas Desventuras, e cun espectáculo de produción propia como é Deprimidos ao río. A meirande parte das obras representaranse no Teatro Rosalía de Castro e mais no Fórum Metropolitano. Porén, o primeiro dos espectáculos será un pasarrúas, o sábado 14, que discorrerá polo centro da cidade.

Programación
Sábado 14
Pasarrúas inaugural do festival dirixido por Paco González

Martes 17, 21h
Manicómicos: 'Deprimidos ao río'. Forum Metropolitano

Mércores 18, 21h
Yllana: 'Brokers'. Teatro Rosalía de Castro

Xoves 19, 21h
Pepe Viyuela: 'Encerrona'. Teatro Rosalía de Castro

Venres 20, 21h
Varios artistas + Rockers go to Hell: 'Gala VII Festival'. Presenta Juanillo Esteban e con Rober Bodegas de invitado estrela. Forum Metropolitano

Sábado 21, 21h
Elefante Elegante: 'O forno'. Forum Metropolitano

Domingo 22, 12h
Katarsis: 'Pa cama'. Forum Metropolitano

Domingo 22, 19h
San&San: 'As desventuras de Carmen, Gelines e D. José'. Teatro Rosalía de Castro.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: