Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito laboral

A CIG abre a "caixa de resistencia" para compensar os metaleiros en folga

O sindicato nacionalista abonará 10 euros por cada día de paro, 20 no caso dos afiliados con máis dun ano de antigüidade.

Redacción - 17:35 03/07/2009

O responsábel de negociación colectiva do sindicato CIG, Antolín Alcántara, anunciou este venres en Pontevedra que a central nacionalista empregará a súa "caixa de resistencia" para compensar os traballadores que manteñen a folga do metal.

En concreto a CIG abonará 10 euros por cada día de paro que subscriban os manifestantes, contía que no caso dos afiliados de máis dun ano de antigüidade ascenderá a 20 euros.

"Os que levades de loita todos estes días dámonos conta que estades soportando unha situación, se non dramática polo menos, preocupante. Parécenos que todos aqueles que estivestes aguantando esta loita e soportando esta folga en pé debedes ter unha compensación", manifestou Alcántara.

"Non é moito pero vaivos axudar"
A central sindical recollerá a partir de agora unha copia das nóminas dos meses de maio e xuño para certificar os días de folga e abonar esta axuda. "Sei que non é moito pero vaivos axudar, e sei que o necesitades", apuntou o dirixente sindical durante a asemblea.

"A loita faise así, aguantando e axudando, actuando solidariamente, se non non ten sentido", sinalou o dirixente sindical da CIG. "Estamos seguros de que imos gañar isto, con todos e para todos, isto vaise solucionar", proclamou Alcántara que expresou o seu desexo de que regrese a unidade sindical.


4,92/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: