Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SECTOR ENERXÉTICO

Xa é efectiva a fusión entre Gas Natural e Fenosa

A gasista exixirá ao comprador da planta de Sabón a solidez e solvencia necesaria para que garanta os empregos.

Redacción - 18:50 26/06/2009

Un acordo que convén a todos. Así o definiu o presidente da gasista, Salvador Gabarró: "a fusión será boa para as dúas compañías, xa que Gas Natural sempre quixo ser eléctrica e Unión Fenosa é eléctrica". Os accionistas aprobaron definitivamente a fusión por absorción de Fenosa, da que a día de hoxe controla xa o 95,22%. Agora prevé culminar esta operación "histórica" a comezos de setembro, logo de trece meses de trámites, para crear un novo grupo enerxético, cunha facturación de 20 mil millóns de euros.

Planta de Sabón
Mentres, queda aínda por ver a situación na que queda o cadro de persoal da central térmica de Sabón, uns traballadores que xa comezaron un calendario de mobilizacións. O conselleiro delegado de Gas Natural, Rafael Villaseca, asegurou que os compradores desta planta situada en Arteixo deberán cumprir os requisitos de "solidez e solvencia", así como garantir os postos de traballo existentes.

Con todo, recordou que a de Sabón é unha central á que Gas Natural debe "desinverter" e asegurou que "calquera que a adquira necesitará a ese persoal", polo que entendeu que "os dereitos laborais están protexidos polas seguridades legais". Con respecto á planta de Reganosa, situada na Ría de Ferrol, dixo que aínda non se tomou ningunha decisión. "Non se está a estudar neste momento unha medida similar", dixo, ao tempo que engadiu, que "será analizado en profundidade".

Anterior: Os traballadores de Fenosa temen polo seu futuro


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: