Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
HOMENAXE EN COMPOSTELA

Pousa Antelo, o galeguismo a cabalo de dous séculos

O Teatro Principal de Santiago acolle a presentación dun libro-dvd con lembranzas e reflexións que renden tributo ao histórico galeguista.

Redacción - 19:00 14/05/2009
Pousa Antelo conta con 95 anos

Pousa Antelo conta con 95 anos

Con 95 anos ás súas costas, Avelino Pousa Antelo (Arzón-A Baña, 1914) será homenaxeado este xoves en Santiago de Compostela. O Teatro Principal acollerá ás 20:00 este acto no que se presentará un libro e un documental sobre a vida e a obra deste galeguista histórico e no que intervirán ademais do propio homenaxeado, Mini e Mero, David Otero e Xan Leira.

O libro e documental, que levan por título Lembranzas e reflexións de Avelino Pousa Antelo, son obra de Acuarela Comunicación. Parten dunha entrevista feita ao intelectual hai xa uns anos, ademais dun traballo de investigación que contou coa achega das persoas que o coñecen e que conviviron con el ao longo da súa vida. Así aborda diferentes eidos da actividade pública de Antelo: no ensino, no cooperativismo, na súa actividade política ou as súas propias reflexións máis persoais.

Para achegarse á figura de Pousa Antelo, recomendámosvos a entrevista que lle facía Vieiros hai case un ano e medio, na que convidaba a enfrontar o futuro recordando as loitas de Castelao, Bóveda e tantos outros, sen desfalecer nas conviccións galeguistas. 


Ligazóns

4,88/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: