A Policía está a realizar unha "investigación exhaustiva" sobre os acontecementos do 8 de febreiro, que incluiría responsábeis de varias webs.
Segundo informan dende o colectivo Ceivar, no marco do proceso xudicial aberto logo dos incidentes acontecidos durante a manifestación en contra do galego do pasado 8 de febreiro en Compostela, foron imputadas seis persoas máis, co que o número total ascende xa a 18.
O proceso está en fase de instrución polo que de momento non hai acusacións individualizadas. Porén, dende Ceivar afirman que, baseándose nas denuncias presentadas e nos atestados policiais, os delitos de que podería ser acusados son os de "atentado contra a autoridade", "desordes públicas", "danos" e "obstrución do dereito de manifestación".
Ademais, aseguran que a Policía continúa a realizar unha "investigación exhaustiva", que incluiría responsábeis de diversa webs, entre as que citan galizalivre.org e Galiza Indymedia, ademais das de Primeira Linha e Nós-UP, polas que estarían imputadas dúas das seis novas persoas.