Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Lento diálogo

As dúas coreas prepáranse para comezar as súas primeiras conversas nun ano

Dende que Corea do Sur mudou de presidente, o Norte endureceu as xa de por si rudas relacións cos veciños. Agora, Pyongyang pide reabrir o diálogo, e o sur accede.

Redacción - 09:00 21/04/2009

A comezos desta semana, o goberno de Corea do Sur declaraba que aceptaba a proposta, por parte de Corea do Norte, de comezar as súas primeiras conversas oficiais nun ano, dende que o presidente surcoreano, Lee Myung Bak, tomou posesión do seu cargo en febreiro de 2008.

As xuntanzas han comezar nos vindeiros días, na zona industrial conxunta de Kaesong, situada no Norte, mais construída con cartos do sur, e o único vestixio que fica aínda dos grandes proxectos liberais da época de cooperación económica defendidos polos dous anteriores gobernos do sur.

Porén, e a pesar de que o ofrecemento de comezar o diálogo chegou de Pyongyang, nos últimos días o discurso norcoreano endureceuse, e as autoridades encargáronse de lembrarlles aos veciños do Sur que a súa capital, Seúl, está a só 50 quilómetros da fronteira, dentro do alcance da artillería norcoreana. Ao parecer, a retórica norcoreana fíxose máis grave ao coñecerse que Corea do Sur acaba de asinar un acordo cos EUA para rastrexar e deter buques sospeitosos de transportar armas de destrución masiva. As conversas tamén se han producir nun momento de aumento das tensións locais, despois da polémica de lanzamento de foguetes por parte de Corea do Norte, o pasado 5 de abril, que foi considerada polos veciños do sur como unha proba de mísiles de guerra encuberta.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: