A manobra interprétase como un aviso ao novo goberno conservador de Seúl.
Corea do Norte lanzou este venres varios mísiles de curto e longo alcance na costa oeste, segundo informou a axencia de noticias Yonhap. A manobra podería interpretarse como un aviso ao novo goberno conservador de Corea do Sur.
O lanzamento tivo lugar un día despois de que Corea do Norte expulsase a todos os funcionarios do goberno surcoreano da oficina conxunta que ambos os dous países comparten no complexo industrial de Kaesong (Corea do Norte). O goberno de Seúl pedíralle unha mellora da política de dereitos humanos e a fin do adiamento das negociacións para o seu desarme nuclear.
Medios locais indicaron que tres mísiles foron lanzados cara ao mar na costa oeste do país. "Nós cremos que Pyongyang non quere un empeoramento das relacións entre o Sur e o Norte", dixo o portavoz do goberno de Seúl Le Dong-Kwan aos xornalistas.
O novo presidente surcoreano, Le Myung-Bak, afirmou recentemente que quere pór fin ás facilidades que recibiu Corea do Norte durante os últimos dez anos baixo o mandato de gobernos de esquerdas en Seúl.