Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
este domingo

Os servizos de rescate italianos finalizan a busca de superviventes do sismo

As constantes réplicas dificultaron en todo momento os labores de recuperación das vítimas mortais.

Redacción - 14:00 12/04/2009
Este domingo suspendéronse os labores de rescate / Imaxes: La Repubblica

Este domingo suspendéronse os labores de rescate / Imaxes: La Repubblica

Os servizos e rescate italiano terminarán este domingo os labores de busca de superviventes do terremoto que se produciu a pasada segunda feira na cidade de l'Aquila, na rexión do centro do país. Hai días que foi esmorecendo a confianza en atopar a máis persoas vivas entre os cascallos, porén, si foron atopados, conforme pasaban os días, os cadáveres de varias vítimas mortais.

O número total de falecidos chegou aos 294, e hai, ademais, un milleiro de persoas feridas e unhas 25 mil evacuadas, durmindo en campamentos. As estimacións provisionais falan de 10 mil predios destruídos.

As réplicas, que segundo os expertos poderían durar meses, dificultaron, en todo momento, os labores de rescate.

No sábado o primeiro ministro italiano, Silvio Berlusconi, anunciaba a creación dunha liña de axudas para os damnificados, e o apoio recibido da comunidade internacional para reconstruír a zona afectada polos sismos.

Máis información nos xornais italianos:


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: