O Centro Social Madia Leva organiza un roteiro por esta comarca para denunciar "a destrución que supoñen as minas de extracción de cuarzo" da zona.
Os organizadores deste roteiro en bicicleta, o CS Madia Leva!, queren expresar a súa "máis enérxica protesta" ante "o desolador panorama que deixaría para a Terra Chá" a implantación da actividade mineira na comarca, que, segundo sinalan, terminaría por "destruír a súa paisaxe, os seus recursos naturais, o patrimonio cultural" e "a nosa principal actividade económica: a agrogandeira".
A rota é a que vén: sairase a quinta feira 9 de abril ás 09h30 do CS Madia Leva! (Rúa Amor Meilán, 18, Lugo) até Castro de Rei -29 quilómetros-. Dende a vila farase a ruta Azúmara, cara o Castro de Viladonga. Após xantar, volverase cara Lugo.