Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Contra a extracción de cuarzo bisbarra

O SLG denuncia irregularidades en concesións mineiras da Terra Cha

Critican a actividade mineira "lesiva" coa "grande actividade agropecuaria" na comarca.

Redacción - 09:30 27/12/2008
Ilustración dunhas xornas sobre a lei de minaría organizadas polo SLG e Adega

Ilustración dunhas xornas sobre a lei de minaría organizadas polo SLG e Adega

Esta semana presentouse a primeira demanda pola vía contencioso-administrativo contra esta concesión. O Sindicato Labrego Galego (SLG) quere que a superficie afectada obteña a consideración de "solo especial de protección agropecuaria", o que inhabilitaría as concesións mineiras que afectan a sete concellos da bisbarra da Terra Cha.

Un veciño da parroquia de Goá en Cospeito, onde se deseña unha concentración parceira e onde 538 hectáreas se verán afectadas pola concesión, o 60% da superficie produtiva, é o autor desta primeira denuncia. Por este motivo, a secretaria xeral do SLG, Carme Freire, anunciou que dende a organización agraria promoverán alegacións contra a concesión extractiva de cuarzo á empresa Erimsa. Freire avanzou a intención de chegar se é preciso até o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) para frear esta actividade mineira que consideran "lesiva" nunha bisbarra de "grande actividade agropecuaria". Igualmente, advirten das "graves irregularidades" na tramitación de impacto ambiental, sinalando que non se solicitou ningún informe á consellaría de Medio Ambiente, que sería de "vital importancia" para demostrar o impacto deste tipo de explotacións mineiras.


4,5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: