Logo de que a Consellaría de Educación publicase unha nova orde que impide que continúen os concertos con centros privados que segregan alumnos en función de sexo, as direccións dos centros avisan que non van quedar de brazos cruzados. En declaracións a Europa Press, o director do colexio Montecastelo (masculino), de Vigo, Joaquín Pereira, explicou que os cinco centros solicitarán que se renoven os concertos o vindeiro curso xa que “teñen dereito”.
Tal e como sacou á luz pública Vieiros en
xuño do ano pasado, o colexio devandito, canda os coruñeses de Montespiño (feminino) e Peñarredonda (masculino) e os tamén vigueses Las Acacias (feminino) e Aloia (feminino) son os cinco centros que nos últimos anos seguiron percibindo fondos públicos a pesar de non aceptar a coeducación de nenos e nenas. Catro dos centros (Montespiño, Peñarredonda, Las Acacias e Montecastelo) pertencen á federación estatal
Fomento de Centros de Enseñanza, unha institución vinculada ao
Opus Dei.
Un modelo con máis de dous mil alumnosO director do colexio Montecastelo asegura que os centros imparten unha “educación diferenciada” que “non discrimina”, xa que oferece “colexios para nenos e nenas”. Pereira afira que “oferécese un modelo educativo de calidade e coas mesmas oportunidades”.
Nos cinco centros estudan na actualidades máis de dous mil rapaces. Dende os colexios do Opus aseguran que “o que está en xogo” é a liberdade de elección de centro e o dereito ao ensino concertado.
Anteriores en Vieiros: