Educación vai reconsiderar se se debe seguir destinando axudas públicas a centros privados que segregan os alumnos por sexo. Ti que opinas?
A semana pasada desvelabamos en Vieiros que a Xunta ten convenios con, polo menos, catro centros privados da Coruña e Vigo (vinculados ao Opus Dei) que separan nenos e nenas nas aulas. Pouco despois, a Consellaría de Educación recoñecía os feitos e prometía analizar unha sentenza do Tribunal Supremo que lle recoñecía á administración a potestade de romper convenios con centros que non permitían a educación mixta.