Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MANUEL AMEIJEIRAS, DELEGADO DO GOBERNO ESPAÑOL

"A explosión de Mos non ten que ver con ningún acto terrorista"

Continúan abertas varias liñas de investigación, mais xa se descartou que o artefacto fose colocado por ningún colectivo independentista.

Redacción - 18:50 12/01/2009

O estourido que esta madrugada espertaba aos veciños da parroquia de Tameiga, en Mos, non ten "nada que ver cunha actividade radical ou acto de terrorismo". Así o asegurou o delegado do Goberno español en Galiza, Manuel Ameijeiras, quen adiantou que se están a investigar outras liñas "relacionadas coas labores persoais dos propietarios do vehículo". Con todo, non se descarta unha posíbel vinculación con cuestións políticas, como a moción de censura debatida a finais do pasado mes de novembro no concello de Mos, cando a alcaldía pasou de mans socialistas a populares.

A alcaldesa, Nidia Arévalo, felicitouse de que no suceso non se rexistrasen danos persoais e adiantou que "será a investigación a que esclareza o acontecido". Asemade, trasladouse ao punto da explosión, a rúa Ludeiro, para solidarizarse cos propietarios do vehículo, coñecidos na vila por seren os donos dun bar: "ofrecinlles todo o ánimo do mundo", dixo, "xa que non é agradábel que suceda isto á porta da túa casa".


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: