Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SUCESO

Estoura un artefacto explosivo colocado nos baixos dun coche en Mos

Só deixou danos materiais no vehículo e, até o de agora, non se descarta ningunha hipótese.

Redacción - 10:56 12/01/2009

Acontecía cara as tres e media da madrugada do domingo ao luns na parroquia de Tameiga,en Mos. Un artefacto explosivo colocado nos baixos dun Citroën Saxo estourou deixando unicamente danos materiais. En concreto, a máis danada foi a parte traseira do coche, que quedou practicamente desfeita.

O vehículo pertencía á filla do dono dun coñecido bar, situado na rúa Ludeiro, onde se produciron os feitos. Mentres, a Garda Civil xa se desprazou ao lugar para facerse cargo da investigación. O seu grupo de Especialistas en Desactivación de Explosivos (Gedex) está a estudar o acontecido e, de momento, non descarta ningunha hipótese.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: