A primeira das marchas comezou en Vigo, onde unhas 5000 persoas fixeron o percorrido entre Vía Norte e a Porta do Sol, onde a actriz Uxía Blanco leu un manifesto que afirmaba que "todas e todos somos palestinos". O texto cualificou os ataques israelís de "deliberado ataque contra a poboación civil". A este respecto, criticou a actitude de los Estados Unidos por "xustificar o seu aliado" e a posición "ambigua" da Unión Europea, e pedíronlle ao Estado español que solicite unha condena internacional, xa que os actos que ocorren en Gaza representan "crimes de guerra segundo a convención de Xenebra". Por último, os manifestantes reclamáronlle á UE a ruptura de relacións con Israel, así como o envío de observadores e forzas de interposición baixo o mandato da ONU. O acto de Vigo pechouse cun "Viva Palestina. Pola paz e pola xustiza. Deteñamos o exterminio do pobo palestino".
En Santiago, máis de dous mil manifestantes percorreron as rúas da zona vella, até a praza de Platerías. Alí a actriz Yolanda Muíños leu un manifesto para pedir "paz e xustiza" para o pobo palestino. Ademais, o texto solicitoulle ao goberno español que rompa relacións diplomáticas con Israel, e ao goberno galego que realice unha condena pública da invasión. Os manifestantes berraron pedindo a imposición de sancións a Israel, entre outros lemas, sen do o máis repetido o de "Os sionistas son os terroristas". A faixa da manifestación, na que se podía ler 'Galiza con Palestina. Non ao masacre' foi portada por cidadáns palestinos residentes no noso país. Entre os asistentes á márcha estaban Xosé Manuel Beiras, Camilo Nogueira ou Martiño Noriega.
Tamén ás oito da tarde máis de medio milleiro de persoas marchou polas rúas de Pontevedra dende a Praza da Ferraría até a Subdelegación do Goberno para pedir "parar o xenocidio" en Gaza. Además doutros colectivos sociales, varias asociacións da comunidade islámica sumáronse á manifestación, como a Asociación Cultural e Islámica de Vilaboa ou a Asociación marroquí de Pontevedra.
Protesta global: Londres, Berlín, Barcelona...Estamos vivindo as primeiras protestas globais dende que hai cinco anos todos os países do mundo asistiron a manifestacións pedindo o fin da invasión norteamericana en Iraq. As de Londres, París e Barcelona foron manifestacións máis numerosas.
Na capital catalá entre 30 mil e 180 mil persoas finalizaron a súa marcha na Praza de Sant Jaume, onde Lluis Llach e Rosa María Sardá leron senllos manifestos. En Londres e París os organizadores falan igualmente de participacións masivas, ao redor de cen mil persoas en cada caso, unhas cifras que a policía rebaixa.
Tamén houbo protestan en Alemaña, con milleros de manifestantes en Berlín, Munich ou Dresde, e noutras cidades do Estado Español, como Málaga ou Valencia. Este domingo ao mediodía está convocada unha marcha en Madrid, que se espera que sexa masiva.