Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FIN DAS TRES HORAS DE TREGUA

As bombas israelís volven caer sobre Gaza

A aviación xudea bombardeou tuneis en Rafah e varias vivendas no norte da franxa. Israel nega ter aceptado o plan de paz franco-exipcio.

Redacción - 18:10 07/01/2009

Exactamente tres horas despois de que o exército israelí cesase os seus ataques sobre Gaza, nunha tregua que debía servir para que a poboación recibise asistencia, as bombas volveron caer sobre o territorio palestino. A aviación bombardeou varios túneis na rexión de Rafah, no sur da franxa, e disparou contra viviendas en Yabalia, no norte de Gaza. En resposta, as Brigadas Al Kasam, brazo armado de Hamas, atribuíronse o reinicio do lanzamento de cohetes contra o sur de Israel. Segundo explicou Peter Lerner, do ministerio de Defensa, nos vindeiros días Israel decidirá se volve deter os bombardeos durante tres horas para permitir o abastecemento da poboación civil.

Israel vírase obrigado a deter os seus ataques este mércores ante a crecente presión internacional pola catastrófica situación humanitaria en Gaza, onde dende o inicio da invasión, o 27 de decembro, morreron máis de 700 palestinos. O número de feridos alcanzou os 3.000, a maioría civís, de acordo con fontes hospitalarias.

Nestes momentos, o goberno de Israel estuda o plan para acadar o alto o fogo, proposto por Francia e Exipto e aprobado polo Consello de Seguridade da ONU. Porén, fontes israelíes xa anunciou que "aínda é cedo para falar dun acuerdo de tregua". "No tenemos previsto parar los combates en los próximos días, debemos estudiar la propuesta de Egipto en detalle", afirmou o voceiro do Goberno de Tel-Aviv, que repetiu que Israel só cesará a súa ofensiva se Hamas deixa de disparar cohetes e se desarma. De feito, as tropas israelís están xa preparadas para iniciar en calquera momento unha terceira e definitiva fase da 'operación Chumbo Sólido'. Nesta nova etapa da invasión, as tropas teñen a misión de entrar nas cidades da franxa.

Resposta diplomática
Venezuela anunciou este martes a expulsión do embaixador israelí no país, Shlomo Cohen, en resposta aos ataques sobre Gaza. "Se houbese vergoña no mundo, o presidente de Israel debería ser levado á Corte Penal Internacional xunto co presidente de Estados Unidos", sinalou o xefe de Estado venezuelano, Hugo Chávez. Nun comunicado oficial o goberno condenou "categoricamente" as "flagrantes violacións do Dereito Internacional nas que incorreu o Estado de Israel, e denuncia a súa utilización planificada do terrorismo de Estado, co cal este país se colocou á marxe do concerto das Nacións". Así mesmo, concluía o comunicado, Chávez, quen mantivo xuntanzas con altos representantes do Consello Mundial Xudeu e sempre se opuxo ao antisemitismo como a calquera tipo de discriminación e de racismo, "fai un chamado fraterno ao pobo xudeu através do mundo para que se opoña a estas políticas criminais do Estado de Israel que lembran as peores páxinas da historia do século XX".

Pola súa banda, o coordinador xeral de IU, Cayo Lara, remitiulle unha carta a José Luis Rodríguez Zapatero, na que lle reclama un meirande grao de esixencia fronte ao Goberno israelí e lle pide que o seu embaixador abandone España "mentres persista o ataque e a invasión de Gaza". Na súa carta, Lara afirma que a declaración institucional de Zapatero "non é entendíbel nin aceptábel" porque "non se pode entender a estas alturas que antepoña na súa declaración a seguridade do invasor á dignidade do invadido".

Testemuña do horror
Na rede comezan a aparecer vídeos nos que se pode ver unha mostra do horror dos ataques. Neste vídeo Mads Gilbert, anestesista noruego da Media Lúa Vermella no Hospital Al-Shifa de Gaza, declara a Sky News que o número de civís mortos e feridos proba os ataques deliberados de Israel contra a poboación.



"Hai pouco máis dunha hora os israelís bombardearon o mercado central de froitas da cidade de Gaza e agora acabamos de recibir unha chegada masiva duns cincuenta feridos e entre dez e quince mortos. Ao mesmo tempo bombardearon un edificio de apartamentos con nenos que xogaban na azotea e tamén nos chegaron moitos nenos (...) Acabo de falar cun dos meus colegas na unidade de coidados intensivos, leva tres días sen durmir e o hospital está completamente abarrotado, estamos operando en seis ou sete quirófanos e as feridas que nos chegan son o máis horrible que un pode ver neste mundo... nenos cos intestinos ao descuberto e as pernas amputadas. Acabamos de operar a un neno coas dúas pernas e un brazo amputados. E o único crime que cometeron é ser civís e palestinos que viven en Gaza".


3,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: