Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Un ano despois

O PP de Mugardos preséntase como acusación particular na 'Operación Virgin'

A Xustiza investiga unha suposta trama de favores entre o departamento municipal de Urbanismo e empresas privadas.

Redacción - 19:50 05/12/2008
Xosé Fernández Barcia

Xosé Fernández Barcia

O Partido Popular do Concello de Mugardos decidiu comparecer como acusación particular no proceso xudicial sobre a Operación Virgin, na que o Xulgado número 4 de Ferrol investiga unha suposta trama de favores entre o departamento municipal de Urbanismo e empresas privadas.

O voceiro do PPdeG, Domingo de Deus, argumentou que a decisión de comparecer como acusación particular responde á "falta de colaboración" do alcalde, Xosé Fernández Barcia, coa Comisión de Investigación creada logo da intervención policial.

Varios arquitectos, unha aparelladora municipal, un policía local e o propio rexedor están imputados. De Deus criticou as "trabas" postas por este último para o acceso aos expedientes urbanísticos que motivaron a operación xudicial, nun "claro exemplo de escurantismo".

"Non parece razoábel que estando imputado, sexa o propio alcalde o que decida a que expedientes pode ou non pode ter acceso a comisión de investigación", afirmou, e engadiu que "o alcalde non ten moito interese en que se clarifique o sucedido".

Dende que se fixo pública en decembro de 2007 a trama investigada no marco da Operación Virgin, Domingo de Deus asegura que non se realizou ningún cambio na xestión da área de Urbanismo para evitar que se repitan feitos como os que se están a pór en dúbida.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: