Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O sábado 6 de decembro

Causa Galiza convoca unha manifestación de rexeitamento á Constitución española

No 30 aniversario da mesma, a plataforma soberanista volverá saír á rúa para reclamar o dereito á autodeterminación. A cita terá lugar en Compostela.

Redacción - 12:50 04/12/2008

A plataforma soberanista Causa Galiza volve convocar, por segundo ano consecutivo, a toda a cidadanía galega para participar nunha mobilización na que se amosará o rexeitamento á Constitución española e o apoio ao dereito de autodeterminación de Galiza.

Á manifestación -que comezará ás 13:30 horas na Praza do Toural, en Compostela-, están chamadas todas as persoas, colectivos, organizacións e forzas políticas do soberanismo de esquerdas de Galiza, e con ela preténdese visibilizar a forza do movemento pola autodeterminación.

"Privándonos de decidir que relación queremos ter co resto dos pobos"
Nun seu comunicado (en .pdf) -que será lido así termine a manifestación-, esta plataforma sinala que a Constitución española "significou a prohibición expresa do exercicio á soberanía nacional e do dereito de autodeterminación do pobo galego, privándonos da posibilidade de decidirmos cal é a relación que queremos manter co resto dos pobos. Esta limitación está na raíz das agresións que ao longo destes 30 anos sufriu Galiza e o seu pobo traballador". Nesta liña, falan dos "ataques" sufridos polos galegos neste tempo, como "os máis recentes do Prestige, o TAV, o porto Exterior da Coruña, a privatización dos servizos públicos, o plan acuícola, o plan eólico (...) a campaña polo "bilingüismo ou aplicación dunha política de despedimentos, destrución de emprego, conxelación salarial, incremento da xornada laboral e perda de poder adquisitivo que afecta á clase traballadora galega".


Ligazóns

4,48/5 (23 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Ao término da manifestación unitaria da esquerda soberanista do 25 de xullo, organizada por Causa Galiza
Ao término da manifestación unitaria da esquerda soberanista do 25 de xullo, organizada por Causa Galiza
Na manifestación contra a Constitución española, que o ano pasado se desenvolveu en Vigo
Na manifestación contra a Constitución española, que o ano pasado se desenvolveu en Vigo