Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
A Igrexa vive de costas á lingua

O galego segue ausente das liturxias malia o apoio dos fregueses

Un estudo asegura que o 90% dos galegofalantes di ser "crente" e ten unha actitude "moi favorábel" cara á lingua, aínda que os cregos escollen maioritariamente o castelán.

Redacción / Europa Press - 13:00 09/11/2008
Basílica de San Martiño de Mondoñedo (Foz)

Basílica de San Martiño de Mondoñedo (Foz)

En xuño de 1976, o Concilio Pastoral de Galicia aprobou un documento no que se lle pide aos membros da Igrexa que "participen na promoción da lingua galega". O texto instaba xa daquela os párrocos a celebraren nas igrexas das cidades polo menos unha misa en galego cada día festivo. Tamén lles animaba a que naquelas bisbarras nas que o galego é a única lingua "cheguen a facer en galego todas as celebracións".

Non foi até 1989 cando os crentes tiveron á súa disposición unha versión da Biblia en galego xunto a diverso material que en anos sucesivos recibiu a beizón das burocracias eclesiais. O propio Arcebispo de Santiago, Xulián Barrio, ten instado os seus cregos no Boletín Oficial do Arcebispado a seren "sensíbeis á progresiva incorporación do galego".

O galego perde cota na Igrexa
O recente estudo "Receptividade do galego na Liturxia", elaborado por Daniel López Muñoz e Bernardo García Cendán e editado polo consello da Cultura Galega, apunta que o 90% dos galegofalantes di ser crente e afirma ter unha actitude "moi favorábel" cara ao uso da lingua na liturxia. Ademais, un 63% dos galegos defende que a lingua propia do país sexa o idioma ordinario ou maioritario das liturxias celebradas en Galiza. Doutro lado, entre os cregos, a porcentaxe dos que teñen actitude favorábel cara ao uso do galego, emprégueno ou non na actualidade, chega até o 50%.

Porén, os datos amosan que nalgunhas zonas o 70% das parroquias non empregan nunca o galego para misar, "e mesmo existen lugares onde se deu unha regresión", alerta Fran Rei, da Mesa Pola Normalización Lingüística. "En lugares onde antes había unha misa en galego, como en Monforte de Lemos ou na Catedral de Tui, agora desgraciadamente suprimiuse", revela Fran Rei. Mesmo en Santiago de Compostel a proporción é minoritaria. Fronte ás 73 misas que se celebran os domingos na cidade en castelán, os fieis só poden acudir a nove en galego, e unicamente en horario de mañá.

Segundo o estudio, os crentes consideran que o galego se usa pouco ben porque os párrocos non saben dar misa neste idioma (afírmao o 23% dos enquisados), ben porque a xente non quere (21%), ou porque os curas "teñen medo á reacción dunha minoría" (opción elixida polo 7%). Pola súa banda, os párrocos achacan a escasa presenza do galego nas súas liturxias a que a xente "non o demanda" ou, mesmo a que os crentes "rexeitaríano".


2,6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: