Escoita a presentación da canción galega e o momento en que Boy Elliott interpretou 'Planeta 19' (audio de Radio Galega Música)
Escoita a canción gañadora
O Liet Lavtuv non veu para Galiza. Pasadas as nove, o corso Jacques Culioli gañou o premio do público con Hosanna in excelsis, que nas últimas semanas realizara unha campaña moi intensa a través de Facebook e, a seguir, dominou con claridade os votos do xurado. O corso é falado por un cuarto de millón de persoas.
A votación do xurado foi unha loita moi rifada entre o representante corso e os asturianos de Dixebra, seguidos moi de cerca polos artistas de Mordovia, Mordens e pola lapona Elin Kaven. Os asturianos foron moi aplaudidos na súa actuación, que se abriu cun discurso moi político, anticapitalista e lembrando a loita obreira en Asturias, e que se pechou cun 'pola oficialidá'. Boy Elliott recibiu un total de vinte e tres puntos: 7 da representante Arbereshe, oito de Laponia e outros oito de Mordovia.
A gala do Liet Lavlut"Cantos de vós falades linguas minorizadas?". Os condutores da gala do
Liet Lavlut iniciaban deste xeito o espectáculo, pouco despois das sete da tarde. A moderna e acolledora Casa da Cultura de Lulea estaba ateigada de público, que agardaba para ver e escoitar os once artistas participantes.
Ás sete e dez os Boy Elliott xa estaban listos para actuar. Os presentadores lembraron que o galego é falado por tres millóns de persoas, xusto antes de dar paso a Daniel Alonso, que nun perfecto inglés, produto dos anos vividos en Gran Bretaña ou Australia, explicou o significado da canción e dese 'Planeta 19', "o lugar no que queres estar, o lugar no que te sentes ben". Para rematar, unha chiscadela para o público local: "para nós, ese lugar é Lulea". Despois, unha actuación sen fallos, eléctrica, que pecharon cun "graciñas".
As once canción participantes1.
Boy Elliott & the Plastic Bags Planeta 19 (
Galiza)
2.
Surunmaa Tulethan takashin(
Meänkieli)
3.
Gwennyn Bugale Belfast (
Bretaña)
4.
Jacques Culioli Hosanna in excelsis (
Córsega)
5.
Spasulati Botë e shurë (
Arbereshe-Albanés)
6.
Elin Kåven Abbas jaska (
Laponia)
7.
Jelte Posthumus & Pilatus Pas De wiete wyn hellet oan (
Frisia)
8.
Carnicats Oz dream (
Friuli)
9.
Yr Annioddefol Drysu (
Gales)
10.
Dixebra Indios (
Asturias)
11.Mordens
Good will blessing (
Mordovia)
Viaxe accidentadaA chegada a Lulea non foi doada para os rapaces de Boy Elliott & The Plastic Bags. O avión de Vigo a Madrid saíu cunha hora de retraso, o que fixo que perdesen o enlace de Paris a Estocolmo. Tiñan pensado chegar a Lulea ás 15 horas e chegaron á 1 da mañá, máis de 20 horas dando voltas polos aeroportos, "de todas maneiras se non pasara isto non teríamos nada que contar", dicía Dani, o cantante e líder da banda.
En Lulea, os Boy Elliott salientaron a profesionalidade da organización e a boa amizade que fixeron cos asturianos Dixebra, ademais, da entrevista que realizaron para a BBC radio.