Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Éxitos do Xacobeo Galicia

Carlos Castaño termina sexto na 'Volta a Chihuahua'

Con este posto o equipo ciclista galego terminou a súa segunda campaña do calendario internacional, marcada por unha sobresaínte participación na 'Vuelta'.

Redacción - 17:12 13/10/2008
Carlos Castaño na 'Volta a Chihuahua'

Carlos Castaño na 'Volta a Chihuahua'

A segunda tempada do Xacobeo Galicia correndo no calendario internacional pechouse cun sexto posto conseguido por Carlos Castaño na 'Volta a Chihuahua'.

Coa rolda mexicana terminaba un ano cargado de éxitos para o equipo ciclista profesional galego, entre os que destacou, sobre todo, unha xenial 'Vuelta', na que quedou para a historia o cuarto posto de Ezequiel Mosquera e a etapa gañada por David García, ademais do quinto posto por equipos na clasificación xeral.

Este ano o XGZ tamén asinou algunhas vitorias de gran prestixio como as conseguidas na Volta a Cataluña, na Clásica de Alcobendas ou na terceira etapa da Volta a Euskadi, sen esquecer o triunfo na Volta a Turquía.

De Langwaki a Chihuahua
O XGZ, que comezara a tempada en febreiro, no Tour de Langkawi (Malaisia) pechouna en América, nesta rolda mexicana na que tivo como mellor corredor a Carlos Castaño, sexto na xeral, a 2:19 de Francisco Mancebo (Fercase), que se adxudicou a proba por segundo ano consecutivo. O abulense estivo acompañado no podio por Gregorio Ladino (Tecos-Trek) e por Iker Caamaño (Scott).

Pechado o calendario oficial, a nivel individual algúns corredores, como Ezequiel Mosquera, terán aínda que cumprir con algúns compromisos nos criteriums de outono.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: