O ciclista de Teo conseguiu gañar a Internacional de Alcobendas ao defender na última xornada a camisola amarela conquistada o sábado no Alto de Navacerrada.
Ezequiel Mosquera, do Karpin Galicia, proclamouse o domingo vencedor absoluto da Clásica Internacional de Alcobendas, após defender con forza a camisola amarela que conseguira ao entrar só na meta do Alto de Navacerrada o sábado. Era a súa primeira gran rolda no Estado Español despois daquela Clásica de Primavera que gañou en Portugal en 2002 co Paredes Rota dos Móveis.
Nas dúas etapas do domingo Mosquera só tivo que manterse, cousa que lle produciu un enorme desgaste ao galego, mais que non lle impediu ser tamén líder de montaña e poñelo case todo para que o equipo galego conseguise o cuarto posto na xeral entre os dezaoito participantes.
Os éxitos do KGZ
A estas alturas de tempada os éxitos conseguidos polo Karpin superan os acadados en todo o ano pasado, o da súa estrea no pelotón profesional, tanto en número de vitorias conseguidas como no prestixio das mesas.
O equipo ciclista profesional galego leva catro vitorias no que vai de tempada (contando con estas dúas últimas do "capitán"): etapa na Volta ao País Vasco, Volta a Turquía, e etapa e xeral na Clásica Internacional de Alcobendas.