Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Presentación

Podio na violación de dereitos: Vulneración da intimidade, abusos policiais e bloqueo de datos públicos

O Movemento polos Dereitos Civís presentou este sábado o 'Informe anual sobre a situación dos dereitos fundamentais', correspondente a 2007.

Redacción - 14:25 27/09/2008
Capa do informe

Capa do informe

O voceiro do Movemento polos Dereitos Civis (MpDC), Renato Núñez da Silva, lamentou que en Galiza "non se respecten" dereitos que aparecen recollidos na constitución española, e advertiu da vulneración do dereito á intimidade, dalgúns casos de abusos policiais e dos problemas para acceder a expedientes da Administración.

Na presentación este sábado en Compostela do Informe anual sobre a situación dous dereitos fundamentais, Núñez afirmou que se vulnera o dereito á intimidade coa instalación "progresiva" de cámaras de vixilancia nas rúas. Neste senso, mostrouse satisfeito coas últimas sentenzas favorábeis.

Así mesmo, explicou que o MpDC está a levar a cabo accións nos municipios de Ares, O Grove, Ribeira, Arteixo, Ourense, Vigo e Lugo, "xa que as cámaras foron colocadas sen autorización". No caso do Grove, pretenden que se retire a cámara situada no instituto para gravar tamén conversas.

En canto ás actuacións das forzas de seguridade, Núñez criticou a sentenza que alega que "non houbo mala intención" por parte da Policía cando "tiroteou" un veciño de Meis logo de confundilo con outra persoa.

A imposibilidade de acceso a expedientes e informes da Administración é outro dos tres dereitos máis vulnerados en Galiza. Por este motivo, os cidadáns atópanse con problemas para acceder "dende a un censo sobre rúas con fochas até un informe da policía", sinalou o voceiro do MpDC.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: