Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROBLEMAS SANITARIOS E ENERXÉTICOS

Sobe a 30 o número de mortos causados por Ike en Texas

O bravo furacán deixou devastada a zona costeira do enorme estado gobernado por Rick Perry, afectando tamén á veciña Louisiana.

Redacción - 10:00 17/09/2008
Vista aérea do panorama deixado por Ike

Vista aérea do panorama deixado por Ike

Xa se cifran en 30 as mortes causadas por este coloso, que segundo os expertos está entre os máis destrutivos da historia do país, cifra que aínda pode aumentar co comezo das labores de limpeza. Ademais Ike deixa dramáticas consecuencias para todo o estado de Texas, sendo a illa de Galveston a zona onde se están a sufrir as máis duras consecuencias. Esta illa alongada que semella servir de barricada á cidade de Texas está agora mesmo sen auga limpa, polo que as autoridades piden a evacuación da poboación para evitar problemas sanitarios. A veciña península Bolívar tamén sufriu a dureza de Ike, e aínda que non se confirmou alí ningunha morte sábese que máis de 250 persoas están illadas.

Outro grande problema é a crise enerxética que está a afectar a Texas e ao veciño Lousiana, debida ao peche de 14 refinerías situadas no Golfo de México, que debido aos danos provocados polo furacán aínda non recuperaron a súa actividade normal. Especialmente grave é o caso de Houston, a cidade máis importante do estado, que leva catro días sen luz.

As axudas están a chegar de forma especial desde o sábado, cando o presidente estadounidense George W. Bush declarara o seu estado natal desastre federal.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: