Aínda que xa tomou a categoría de tormenta tropical, aínda fica avaliar todos aos desfeitas que causou nos Estados Unidos.
O furacán Ike perdeu a suficiente forza e converteuse xa nunha tormenta tropical. Os ventos pasaron de 200 quilómetros por hora a uns 90, mais as choivas e as ondas inundaron completamente a illa de Galveston, entre outras zonas do Estado. Agora fai falta avaliar os desfeitas, que poden ser importantes, sobre todo nalgúns lugares de Texas, onde máis do 40 por cento da poboación se negou a abandonar as súas casas.
O sábado á tardiña o presidente dos EUA, George W. Bush declaraba Texas zona de desastre federal, ordenando o envío de axuda ás familias do Estado. Ao tempo, o secretario de Seguridade Nacional, Michael Chertoff, aseguraba que os danos foron moi significativos neste Estado, mais tamén na Luisiana, e que podería haber varios mortos, mais non precisou cifras. Porén, na mañá do domingo as autoridades do estado do sur falaban de, polo menos, dous mortos en Texas e un desaparecido. Mais a operación de busca e rescate de posíbeis vítimas aínda continúa nas zonas afectadas polo paso do furacán.
Catro millóns de persoas sen enerxía
De momento, as fortes rachas de vento e as inundacións deixaron se electricidade a máis de catro millóns de persoas só na zona de Houston (a cuarta cidade máis grande do país). Segundo os expertos, Ike podería ser o terceiro furacán máis destrutivo da historia do país americano, por detrás do Katrina (Nova Orleáns, 2005) e do Andrew (Miami, 1992).
As compañías petroleiras do Golfo de México cancelaron todas as operacións, e calcúlase que o 20 por cento da produción de fuel doméstico, o 14 por cento do gas natural e o70 da produción petroquímica quedaron suspendidas até que non pase o mal tempo.
Máis información: