Un dos asistentes tivo que ser atendido no Hospital Xeral de Vigo.
Perto de 500 persoas achegáronse o sábado 13 de setembro á Toralla nunha manifestación pacífica, lúdica e reivindicativa, reclamando o gozo público da illa.
Por segundo ano consecutivo, nenos, xoves e maiores acudiron con música e vestimenta pirata ao acto convocado polo colectivo vigués Xogo Descuberto e apoiado por numerosas asociacións (A ría non se vende, Verdegaia, Precarias en loita, Salvemos Monteferro, Bouzas móvete, A.X. Luar, C. S. A Revolta, A.C. Caleidoskopio, G.A.S. Vigo, OAR, Radio Piratona, ou Alg-a).
Cinco furgóns antidisturbios
A marcha detívose na fin da ponte que une o areal da Toralla coa costa de Vigo, onde unha barreira pecha o paso aos non residentes na urbanización ilegal da illa. Os asistentes, chegados a través da ponte ou polo mar, leron o comunicado de protesta diante da barreira para rematar a concentración pacífica como estaba previsto.Os antidisturbios detiveron a concentración perseguindo e cargando contra os manifestantes, motivo pola cal un dos asistentes tivo que ser atendido no Hospital Xeral de Vigo.