Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ENSINO

A CIG denuncia que Educación reduciu os cadros de profesores e enviou ao paro a máis de 135 interinos

O sindicato reitera a necesidade dun acordo de estabilidade que evite os despedimentos masivos entre o profesorado e convoca unha concentración para o vindeiro mércores.

Redacción - 09:15 13/09/2008

Máis de 135 interinos que traballaron durante todo o curso pasado quedan sen praza neste curso. Así se desprende da adxudicación definitiva dos destinos do profesorado interino e funcionario en prácticas de materias comúns de secundaria. A CIG – Ensino vén de denunciar esta situación, exixe a convocatoria dunha reunión urxente da Mesa Sectorial, e convoca unha concentración para o vindeiro mércores perante a Consellaría de Educación, en Santiago de Compostela.

Ao despedimento de 135 interinos hai que sumar que moitos funcionarios de carreira foron colocados en materias que non son da súa especialidade. Nestes casos os profesores, que están en prácticas, terán que presentar a memoria dunha materia que non corresponde coa que aprobou na oposición. Ademais, o sindicato denuncia que hai materias nas que non se colocou a ningún interino (Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelán) mentres que noutras moitas soamente se colocaron de un a tres interinos, un feito que non ten antecedentes. Porén, dánse casos nos que o profesor ten que impartir unha, dúas ou mesmo tres materias que non son da súa especialidade.

Esta práctica obedece, segundo á CIG, ao interese en reducir os cadros de persoal dos centros de ensino, o que repercute na masificación das aulas, ao tempo que se condena ao paro a numerosos interinos. Ante esta situación exixen un acordo de estabilidade que evite tanto a incerteza dos profesionais como os despedimentos masivos. Ademais, hai que ter en conta que existe profesorado interino que non se pode presentar ás oposicións, e que hai profesores que viven esta situación dende hai máis de 10 anos.


Ligazóns

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: