A inflación interanual sitúase no 5,2 por cento, tres décimas por riba da media do Estado Español.
O Índice de Prezos ao Consumo (IPC) baixou un 0,3% no mes de agosto en Galiza, segundo os datos feitos públicos este xoves polo INE. Con esta redución, o IPC interanual baixa catro décimas, até o 5,2 por cento. No que vai de ano, os prezos levan acumulada unha suba do 1,8 por cento.
Aínda que a evolución dos prezos foi máis positiva en Galiza no mes de agosto ca no Estado Español, onde só baixaron o 0,2%, a variación interanual segue a ser máis alta no noso país, fronte ao 4,9% estatal. O IPC harmonizado no Estado está tamén no 4,9 por cento.