Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INFLACIÓN

Os prezos volven subir en marzo e o IPC acada o 4,6% interanual

A suba foi superior nunha décima en Galiza con respecto ao conxunto do Estado, onde o índice interanual foi do 4,5%.

Redacción - 10:02 11/04/2008
A froita fresca foi o alimento que máis contribuíu á suba dos prezos

A froita fresca foi o alimento que máis contribuíu á suba dos prezos

Os prezos volveron subir no mes de marzo. No país, o aumento foi do 1% con respecto a febreiro, co que o IPC interanual acada o 4,6%. No que vai de ano, os prezos medraron 0,2 puntos. A principal suba do mes produciuse no grupo de vestido e calzado, cun 3,7%, seguido do transporte, con 1,8%. Só baixou a medicina, un 1,2%.

A suba do índice de prezos ao consumo, que facilita o Instituto Nacional de Estatística (INE), superou nunha décima a do total estatal, que foi de 0,9. O dato interanual é tamén unha décima inferior no Estado Español, onde se acadou o 4,5%.

A nivel estatal, os bens de consumo que máis contribuíron á suba dos prezos en marzo foron a froita fresca, os carburantes, as prendas de vestir e as viaxes organizadas. No outro extremo, baixaron o peixe fresco e os medicamentos.


1,5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: