Pechado xa o prazo (a medianoite pasada), entraron a concurso 82 temas, xusto 30 máis que na edición de 2008. Os dez finalistas daranse a coñecer o vindeiro sábado 2 de agosto, e o gañador ou gañadora, o día 16.
Pero aínda podedes votar, porque a vosa valoración vale o 50 por cento no A Polo Ghit 2008. De feito o día 2 de agosto daranse a coñecer os dez finalistas de entre os 82 concursantes: cinco deles escollidos por vós (a través dos vosos votos) e os outros cinco escollidos polo xurado.
Daquela, poderedes escoller, votando, a vosa canción favorita entre estas dez que pasen pola última peneira. A vosa opinión terase en conta até o mércores 13 de agosto ás 00:00 horas. Tres días despois, o 16 de agosto, o programa Extrarradio da Radio Galega e Vieiros darán a coñecer o nome do grupo ou solista gañador do A Polo Ghit deste ano.
Até daquela, moita sorte aos 83 concursante e... A polo ghit!
Todos os temas, os 83, estarán dispoñíbeis na web de A Polo Ghit a partir do mediodía do sábado 19 de xullo.