No desafío total para os candidatos a ghit 2010 xa hai en quen fixarse: o mestre Xil Ríos. O de Moaña apunta a triunfador dos escenarios deste verán.
Esta semana veñen os temas de Paul á sombra, Pito de Pikasso -que están a piques de sacar cedé-, Apoloxía do Miolo, The Bluesomes, Festicultores Troupe e Xan Solo.
Pechado xa o prazo (a medianoite pasada), entraron a concurso 82 temas, xusto 30 máis que na edición de 2008. Os dez finalistas daranse a coñecer o vindeiro sábado 2 de agosto, e o gañador ou gañadora, o día 16.
Abran as orellas ao alimento musical variado que chega esta semana en A Polo Ghit. En menos dun mes, chimpamos ás 35 propostas.
Vieiros e a Radio Galega buscan un ano máis a canción galega do verán. Ademais, xa podedes descargar de balde o CD cos temas da edición 2006. "In the ocean", de Pulpiño Viascón, foi o tema gañador da pasada edición.