Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Rugby

Os Galicia Old Boys triunfan nos Golden Oldies

Destacaron no torneo de veteranos de Madeira e foron convidados a xogar en Gales, coa elite deste deporte, para o 2010.

Redacción - 11:38 24/06/2008

O equipo galego de veteranos do rugby (composto por ex xogadores do CRAT Coruña, do Veteranos de Ferrol e doutros clubes, como o Mareantes de Pontevedra) destacou no IX Campionato de Europa de Rugby para Veteranos, os Golden Oldies.

Os galegos, que pasaron a fin de semana en Madeira, competindo, volveron con dúas vitorias (fronte ao Evora e ao Geležinis Vilkas de Lituania), un empate (contra o Civitavecchia de Roma) e unha derrota (ante o Cascais, un dos anfitrións portugueses, que ademais tiña aliñados a varios ex internacionais, da selección lusa).

O combinado dos veteranos galegos fixo unha boa primeira incursión nun campionato internacional, berrando "Suar e empurrar!", e gañou un convite para participar, en 2010, no vindeiro torneo dos Golden Oldies, que se ha desenvolver no País de Gales.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: