Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Rugby

Volven os Galicia Old Boys

Van de convidados ao Europeo de Veteranos de Rugbi, (dos Golden Oldies) que se desenvolve entre o 19 e o 23 de xuño en Madeira.

Redacción - 14:22 11/06/2008
Logo dos Galicia Old Boys

Logo dos Galicia Old Boys

Ex xogadores do CRAT Coruña, do Veteranos de Ferrol, e algúns do Mareantes de Pontevedra, forman a selección Galicia Old Boys que a vindeira semana viaxa á illa portuguesa de Madeira para participar no IX Campionato de Europa de Rugby para veteranos, un dos prestixiosos torneos dos Golden Oldies.

O torneo desenvólvese do 19 ao 23 de xuño e ha contar coa participación de máis de 40 clubes de rugby europeos, entre eles os galegos, cuxa presenza é histórica. A idea da participación de Galiza naceu hai un ano, cando o organizador do trofeo, o Porto convidou ao CRAT Coruña.

E esta fin de semana, a selección galega

A irmandiña do rugbi xoga este sábado en Hendaia no Campionato de Europa das Rexións, onde se enfrontan, ademais do galego, os combinados vasco, valenciano e os de tres rexións autonómicas francesas: Côte Basque-Landes, Languedoc e Armagnac Bigorre.

O ano pasado Galiza xogaba contra Armagnac Bigorre en Lalín, e perdeu por 22-51. Tamén perderan, naquela ocasión, os vascos contra Côte Basque-Landes e os valencianos contra o Languedoc.

Este sábado, ás 15:30 horas, en Hendaia, Galiza xogará contra Côte Basque-Landes (Landes ou Landas en galego, e Lanas en occitano), un dos rivais máis fortes.


Ligazóns

5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: