Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Manifestación en Compostela

Os armadores piden medidas "a longo prazo" e non "parches" ante a crise no sector

A protesta coincide coa xuntanza do Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea, en Luxemburgo.

Redacción - 14:35 23/06/2008

Un milleiro de armadores da flota de gran altura e do litoral de todo o país e mais os de baixura dos portos de Celeiro e Burela, na Mariña, manifestáronse este luns pola mañá en Compostela para pedir que se tomen medidas "a longo prazo" e non "parches" para saír da crise que vive o sector pesqueiro.

A marcha de protesta, que saíu da Praza do Obradoiro pasadas as 11.20 horas, coincide coa xuntanza do Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea, en Luxemburgo, onde está previsto que se tomen medidas que axuden a paliar a suba dos combustíbeis e a caída de prezos de determinadas especies.

Tras unha pancarta co lema O futuro da pesca é o futuro de Galicia, salvemos a pesca, os armadores, dirixíronse cara ao edificio administrativo da Xunta para ler un manifesto, portando petardos e botes de fume e corean consignas como "Espinosa mentirosa" -en alusión á ministra española de Medio Mariño- ou "Touriño, escoita, a pesca está en loita".

O 95% da flota saíu ao mar
Durante a mañá do luns, a Consellaría de Pesca informou de que, segundo os datos de Portos de Galicia e das propias lonxas, o seguimento do paro convocado polo incremento dos prezos do combustíbel foi mínimo no país. Así, o 94,6% da flota de baixura saíu a traballar este luns.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: