Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN VIGO

A folga do transporte obriga a Citroën a parar a produción

O goberno español dálle carta branca ás forzas de seguridade para que garantan o subministro de produtos básicos.

Redacción - 17:40 11/06/2008
Tags:




A factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën, que conta con preto de oito mil operarios, vai paralizar mañá a súa actividade pola falta de subministros. A empresa asegura que cada día de paro deixaranse de producir 2.300 vehículos.

Aínda que o de Citroën é un dos casos máis chamativos, o paro no transporte comeza a causar problemas en moitas outras empresas do país. Así, o propio conselleiro de Industria, o nacionalista Fernando Blanco, expresou a súa preocupación polas repercusións negativas sobre “a produción e as industrias”. Blanco sinala que é preciso atopar unha solución canto antes.

Mentres tanto, o ministro de Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, anunciou que as autoridades van aplicar a “máxima firmeza” contra aqueles que “prexudiquen a vida dos cidadáns”. Logo de tres días de folga, o goberno español decidiu deter e sancionar aos piquetes. Até o momento as forzas de seguridade detiveron a máis de medio cento de persoas en todo o Estado. O executivo estatal advirte que garantirá, se fai falta empregando a forza, o subministro de produtos básicos e de combustíbel.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: