Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Fútbol e economía

Abel Caballero prognostica unha posíbel desaparición do Celta

Para o alcalde de Vigo, que se chegue a asinar un convenio entre os acredores do clube é unha "cuestión de supervivencia" para os celestes.

Redacción - 13:23 20/06/2008
Presentación da primeira fichaxe do Celta para esta tempada, Edu Moya

Presentación da primeira fichaxe do Celta para esta tempada, Edu Moya

Nunha entrevista concedida ao xornal Faro de Vigo, o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, asegurou que se non hai convenio entre os acredores do RC Celta, o clube vai desaparecer.

Caballero (PSdeG) asegurou que as súas verbas querían servir de advertencia, para que todo o mundo saiba da cidade "da gravidade do momento que atravesa o clube". Por outro lado tamén salientou que o Concello e a cidade queren un equipo de Primeira "e estamos en posición de que o Celta trate de ascender", por iso, dixo, "é bo que se asine un convenio que contribúa a salvar o clube".

Mais aínda queda, para que se saiba algo de como se vai resolver esta crise, que Caixanova, o principal acredor do clube, e o Celta asinen un acordo. A partir de aí o Concello de Vigo (tamén acredor da entidade) entraría "na cuestión", segundo dixo o seu alcalde.

Que fai falta para salvar o Celta?
As condicións para que o clube se poida acoller á Lei Concursal (semellante á antiga suspensión de pagos) son, en primeiro lugar, elaborar un plan de viabilidade; despois asinar un convenio cos acredores; e terceiro, a aportacións do consello de administración, isto é, unha ampliación de capital.

Esta última esixencia hase cumprir, segundo asegurou o presidente do Celta, Carlos Mouriño, que cifrou a ampliación en 15 millóns de euros.


4,5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: