Na FNAC proxectaranse filmes e presentarase a edición galega de 'O xiro postal' de Ousmane Sembéne, publicado por Rinoceronte.
O 25 de maio é o Día Mundial de África. Para conmemorar a data, Cruz Vermella e a FNAC da Coruña organizan durante a semana previa (do luns 19 ao sábado 24) un conxunto de actividades para a amosar a cultura máis recente do continente, centradas principalmente na proxección de filmes, documentais e curtametraxes, e na presentación de O xiro postal, a obra máis coñecida de Ousmane Sembéne, traducida por Rinoceronte nunha edición da que Martin Pawley fixo o epílogo.
A presentación, coa presenza de Pawley e de José Manuel Sande, historiador do CGAI, terá lugar o xoves 22. No resto da programación, destaca a proxección dun dos filmes de Sembéne, Moolaadé, premiada en Cannes en 2004 (mércores 21) ou ou Madame Brouëtte, de Mousa Sene Absa. Todas as actividades teñen lugar na propia FNAC coruñesa.
Programa de proxeccións
Luns 19. Totsi (Gavin Hood). Óscar 2005 ao mellor filme extranxeiro.
Martes 20. Madame Brouëtte (Mousa Sene Absa)
Mércores 21. Moolaadé (Ousmane Sembéne)
Venres 23. Binta y la gran idea (Javier Fesser)
Sábado 24. Kirikú e as bestas salvaxes