Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Esmagador éxito dos tories

Os conservadores británicos completan o triunfo con vitoria en Londres

Boris Johnson sae vencedor na capital co 45% dos apoios, case 140 mil votos máis que o actual alcalde, Ken Livingstone.

Redacción - 09:30 03/05/2008

A Boris Johnson vaille tocar o liderado da alcaldía londinense nun treito clave, onde a cidade se deberá preparar para a organización dos Xogos Olímpicos de 2012. Cando hai poucos meses se coñecía que sería o candidato do Partido Conservador, poucos prognósticos eran favorábeis para quen construíu a súa imaxe pública grazas a irreverentes actuacións cheas de excesos verbais en tertulias televisivas.

Agora, con 1.168.738 votos, por riba dos 1.028.966 conseguidos por Livingstone, convértese no exemplo da viraxe política amosada polos cidadáns nos comicios municipais deste xoves. Un cambio de tendencia que lle dá unha ampla vitoria aos conservadores, co 44% dos votos, e que chimpa o Partido Laborista á terceira posición coas súas peores cifras en catro décadas. Neste escenario, e de non cambiaren moito as cousas, todo apunta a que David Cameron, o actual líder dos tories, ten o contexto máis favorábel para ser o próximo primeiro ministro, despois das eleccións que terán que celebrarse como moi tarde en 2010.



3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Johnson agradeceu que Livingstone lle dese forma a un cargo que ostentaba desde a súa creación hai oito anos
Johnson agradeceu que Livingstone lle dese forma a un cargo que ostentaba desde a súa creación hai oito anos
Brown di que o seu partido "tirará leccións" desta derrota
Brown di que o seu partido "tirará leccións" desta derrota