Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións municipais no Reino Unido

Os laboristas enfrontarían a peor derrota en corenta anos

A poucas horas de coñecérense os resultados definitivos, un estudo da BBC prognostica que o Partido Laborista mesmo podería caer ao terceiro posto.

Redacción - 11:15 02/05/2008

O prognóstico realizado pola BBC, unha estimación realizada en función dos primeiros escrutinios: un 44% de votos para os tories, un 25% para os liberais-demócratas e un 24% para os laboristas. Tal resultado sería o peor balance do Partido Laborista nas catro últimas décadas.

Un optimista David Cameron, o actual líder do Partido Conservador, destacou o avance da súa formación. "Pero non quero que a xente pense que debemos gañar as eleccións debido aos erros do goberno", comentou Cameron, "senón que debe ser en base ao noso programa para gobernar o país".

Os laboristas xa caeran ao terceiro posto en 2004, cun 26% dos votos, fronte ao 27% dos liberal-demócratas e o 37% dos conservadores. Con todo, daquela considerouse que a situación era tamén froito do escenario creado despois da invasión de Iraq, e nas previsións do partido non entraba agora unha caída tan forte.

Estes resultados tamén poñerían en dúbida o liderado de Gordon Brown á fronte do partido, despois de acceder ao cargo de primeiro ministro pola dimisión de Tony Blair. Como moi tarde, as eleccións deberán celebrarse en 2010. Nas súas primeiras declaracións despois de coñecerse o avance de resultados, Brown admitiu a "mala e decepcionante" xornada que vive o seu partido e asegurou que os laboristas "aprenderán as leccións" necesarios deste episodio.

Datos en tempo real e máis información:


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: