Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito no Curdistán

O Exército turco bombardea, máis unha vez, obxectivos do PKK en Iraq

Fontes militares cualificaron a operación levada a cabo este venres e este sábado como a máis importante do ano.

Redacción - 11:52 26/04/2008
Turquía lanzou en febreiro unha gran ofensiva terrestre no Curdistán iraquí

Turquía lanzou en febreiro unha gran ofensiva terrestre no Curdistán iraquí

A aviación do Exército turco volveu atacar obxectivos do Partido dos Traballadores do Curdistán (PKK) no norte de Iraq este venres e este sábado, sinalou o Estado Maior.

Estas mesmas fontes afirmaron que se trata da maior operación militar no que vai de ano contra o grupo independentista curdo, considerado un grupo terrorista polos Estados Unidos e pola Unión Europea.

"Avións da forza aérea turca, apoiados por disparos da infantería en terra, golpearon obxectivos do PKK nunha efectiva operación o 25 e o 26 de abril", apuntan nunha declaración pendurada na súa web.

O primeiro dos bombardeos produciuse esta cuarta feira, no que é a primeira acción militar dende que a finais de febreiro Turquía lanzase unha misión terrestre no interior do territorio septentrional iraquí.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: